USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Formación telepresencial para persoal da administración local

24/06/21

A formación do persoal ao servicio da administración local municipal é un aspecto fundamental para mellorar a prestación do servizo público á cidadanía e os resultados acadados na súa práctica profesional.  

O Concello de Burela,  consciente desta importancia,  confiou en ReTnova para levar a cabo unha formación telepresencial en materia de igualdade e violencia de xénero dirixida ao seu persoal. Esta, consistiu no desenvolvemento de dúas sesións de formación por departamentos, tomando como base o V Plan de acción municipal para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Burela 2020-2024.

Durante as dúas semanas que durou a formación incidiuse na necesidade de incorporar de maneira transversal a perspectiva de xénero. Ademais, resaltouse a importancia do emprego da linguaxe inclusiva e dotouse ao persoal de coñecemento sobre conceptos básicos en materia de violencia de xénero e de pautas para o desenvolvemento das medidas incluídas no V Plan.

Como resultado desta acción formativa cabe salientar a boa vontade e disposición do persoal para poñer en marcha medidas en pro da igualdade entre mulleres e homes e a incorporación da perspectiva de xénero na súa práctica profesional, o emprego de datos estatísticos desagregados por sexo ou a incorporación da linguaxe inclusiva nas comunicacións que se realicen, etc.

Damos as gracias ao persoal que participou nesta formación e ao Concello de Burela por seguir confiando no noso equipo.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602