USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Formando a profesionais da administración pública

23/04/24

Unha das liñas de traballo de Retnova é a formación, tanto presencial como en liña ou incluso en modalidade mixta. O noso amplo catálogo de formación permítenos  adaptarnos ás necesidades de cada cliente, ofrecendo así un servizo totalmente personalizado.

Esta semana retomamos a formación en liña que, dende hai anos, impartimos na Escola Galega de Administración Pública (Xunta de Galicia). Concretamente, comezamos co curso “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos”.

Esta acción formativa permitirá ao persoal ao servizo da administración pública adquirir ferramentas e coñecementos para comprender os desafíos e solucións que deben implementar na súa práctica profesional para a aplicación da transversalidade de xénero nas intervencións das administracións públicas.

A formación en xénero é un piar esencial para a promoción da igualdade na nosa sociedade; por iso, dende Retnova, traballamos día a día para ofrecer accións formativas de calidade e con contidos actualizados segundo a normativa vixente nesta materia.

Continuaremos neste primeiro semestre do ano con máis formación!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602