USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Formando sobre igualdade para un traballo coordinado

09/11/23

A elaboración dun Plan de Igualdade non remata coa publicación do documento, senón que o traballo debe ser continuado no tempo para que teña o maior impacto posible. Un paso esencial para acadar este éxito é a presentación do instrumento entre as persoas pertencentes ao organismo ou empresa titular do plan, que deben traballar con el e en base a el.

Así se fixo no Concello de Boqueixón, no que Retnova ven de realizar unha sesión formativa sobre o V Plan de igualdade entre mulleres e homes 2023-2026. Esta formación serviu para afondar co persoal técnico municipal na estrutura do plan. Realizouse un repaso polas distintas áreas estratéxicas do documento, aqueles ámbitos de actuación prioritarios en materia de igualdade. Dentro de cada unha destas áreas, repasáronse os obxectivos estratéxicos e operativos. Ademais, avanzáronse as pautas a seguir no proceso de seguimento, esencial para avaliar de forma continuada o desenvolvemento do plan.

Con esta formación búscase cubrir un dobre obxectivo de instrución e sensibilización. Nun primeiro nivel, quere darse a coñecer o propio plan, de tal modo que o persoal técnico estea familiarizado co mesmo e que se aplique en todas as áreas do concello. Trátase tamén de favorecer a incorporación da perspectiva de xénero e a igualdade en todo o labor municipal e así concienciar ás traballadoras e traballadores municipais sobre a importancia destes valores.

Retnova ten unha ampla traxectoria en formación a persoal técnico. Ás realizadas para o establecemento dos plans de igualdade únese o desenvolvemento e impartición doutras modalidades formativas. Cursos, talleres e sesións, online e presenciais, para persoal técnico de distintas administracións, dos que se realiza desde o deseño dos contidos e materiais ata a avaliación do desempeño das persoas participantes. Un traballo que amosa o fondo compromiso da empresa para, a través da difusión deste tipo de contidos, acadar unha sociedade igualitaria.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602