USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Formando sobre perspectiva de xénero na práctica administrativa

08/05/24

Continuando coa nosa liña de formación, demos comezo ao curso “A integración da perspectiva de xénero na práctica administrativa: nivel medio",  inserido no programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) 2024.

Trátase dun novo curso, creado e deseñado integramente polo equipo de Retnova e que se imparte en modalidade mixta; é dicir, combina a formación en liña con sesións telepresenciais.

A través dos contidos que elaboramos búscase orientar o persoal ao servizo da Administración pública na súa tarefa de integración do enfoque de xénero no seu traballo diario.

É importante que a Administración teña en conta a desigual situación de partida de mulleres e homes para dar unha resposta adaptada a través das súas actuacións; por iso estaremos nos vindeiros meses formando a profesionais para brindarlles mecanismos e ferramentas que lles permitan poñer en práctica a integración efectiva da igualdade de xénero nas tarefas que desempeñan.

Este curso da resposta ao recollido no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estamos moi contentas de iniciar esta nova acción formativa e seguir avanzando no camiño por acadar a igualdade real entre mulleres e homes.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602