descripcion de imagen

Formar para transformar

14/05/25

Recentemente demos comezo aos cursos en liña dirixidos ao persoal da administración pública: A integración da perspectiva de xénero na práctica administrativa: nivel medio e Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero.

Ambos forman parte do Plan de formación impulsado pola Escola Galega de Administración Pública para o ano 2025. Dende RETNOVA ofrecémoslle ao alumnado un acompañamento formativo integral, baseado na nosa ampla experiencia na elaboración de contidos, titorización e dinamización de accións formativas.

Estamos convencidas de que a través de formacións como estas, contribuímos a impulsar un cambio institucional e a construír administracións máis xustas, eficaces e conscientes da súa responsabilidade na construción dunha sociedade inclusiva, igualitaria e diversa.

A formación é un dos servizos que ofrecemos dentro das liñas de actividade de RETNOVA. A nosa intervención non se limita só á elaboración de contidos e a un seguimento técnico, senón que aposta por un acompañamento activo que promove a participación, resolve dúbidas e facilita a comprensión dos contidos desde unha perspectiva práctica.

Ademais da perspectiva de xénero e da prevención das violencias machistas, cuxas accións formativas acabamos de retomar, abarcamos outras áreas como a educación emocional, a atención á diversidade, a accesibilidade e inclusión das persoas con discapacidade, a coeducación ou o benestar laboral, entre outras.

Seguimos no camiño cara a unha transformación real desde a formación e o acompañamento. Próximamente comezaremos novos cursos!

 

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN