02/04/24
Tal e como mencionamos en ocasións anteriores, durante o 2023 e neste mesmo ano estivemos inmersas, na elaboración do I Plan municipal de saúde mental do Concello da Coruña 2024-2028.
O obxectivo deste plan é a promoción da saúde mental e o benestar emocional, así como a prevención e a mellora da atención dos trastornos mentais, co fin de mellorar a saúde psicosocial de toda a cidadanía coruñesa.
Para a elaboración do dito plan, desenvolveuse un diagnóstico de situación completo e exhaustivo coa combinación de técnicas de recollida de información de tipo cuantitativo e cualitativo. Máis concretamente, realizouse unha análise contextual partindo de diferentes iniciativas e estratexias de prevención, promoción e mellora da atención en saúde mental e dunha revisión e análise de información pública dispoñible procedente de distintas fontes. Estes datos proporcionaron información obxectiva, concreta, medible e cuantificable sobre o estado de saúde da poboación e a situación en relación coa saúde mental. Destaca tamén o traballo participativo e en rede que se levou a cabo con distintos axentes que operan na contorna comunitaria e con persoas con problemas de saúde mental. Esta diagnose previa permitiu establecer o punto de partida para deseñar medidas adaptadas á realidade do municipio da Coruña.
Unha vez rematado o proceso de elaboración e redacción o plan, este presentouse ante a Comisión permanente do Consello Local de Saúde. Neste acto de presentación expúxose o proceso de elaboración do dito plan, así como unha breve introdución aos seus contidos que servirán de guía para a mellora do benestar emocional da poboación.
Neste momento o documento atópase en fase de consulta pública ata o vindeiro 10 de abril.
Estamos moi satisfeitas co desenvolvemento deste proxecto aínda en proceso, a través de Retnova-Estratega UTE Ley 18/1982, co que contribuímos á promoción e mellora da saúde mental da cidadanía coruñesa!
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021