USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

III Plan Estratéxico de Sarela

07/07/22

Realizamos a primeira mesa de traballo para a elaboración do III Plan estratéxico de Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela)!

Esta reunión tivo por finalidade identificar os ámbitos prioritarios de actuación do que será a folla de ruta da organización para os vindeiros anos.

Coa presenza dun elenco de persoas vinculadas á entidade, da súa Xunta directiva, persoal directivo, técnico, familiares e persoas usuarias, desenvolveuse unha xornada moi participativa na que se recolleu información de gran interese sobre as necesidades, inquedanzas e suxestións de mellora, que serán a base para o deseño da estrutura base do terceiro plan estratéxico da organización

Estamos moi contentas de formar parte desta iniciativa tan importante para a optimización de servizos e a mellora da atención ás persoas dunha organización como Sarela.

Agradecemos á Asociación Sarela pola confianza depositada en nós para a elaboración deste plan e agradecemos a implicación de todas as persoas asistentes á mesa.

Seguimos traballando.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602