USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Iniciamos COMPIGUAL!

05/05/21

Onte presentamos en rolda de prensa o programa COMPIGUAL, COMPostela pola IGUALdade de xénero, unha campaña impulsada dende o Concello de Santiago de Compostela para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero nos distintos niveis do ensino non universitario: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación especial.

Esta iniciativa forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A presentación, encabezada pola Concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, serviu para dar a coñecer este programa cuxo obxectivo é difundir e fomentar entre a infancia, a adolescencia e a mocidade escolarizada nos centros de ensino composteláns os valores positivos da igualdade entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero.

O programa responde á necesidade de fomentar a educación en igualdade desde as idades máis temperás e desde a perspectiva de recoñecemento das diversidades. Pretende actuar nos centros educativos de Compostela, tanto públicos como privados, cos que se contactará de forma personalizada coa intención de captar o maior número de participantes, co firme convencemento dos avances que este programa permitirá realizar no camiño pola igualdade.

Dende ReTnova estamos moi contentas de iniciar este novo programa que se desenvolverá ao longo de dous anos, concretamente desde abril de 2021 a marzo de 2023, e que abrangue deste xeito tres cursos escolares: último trimestre do curso 2020-2021, o curso completo 2021-2022 e unha parte importante do curso académico 2022-2023.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602