USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Intervencións públicas con enfoque de xénero

16/05/23

Para facer efectivo o compromiso de reverter as desigualdades entre mulleres e homes na nosa sociedade, resulta imprescindible a incorporación do enfoque de xénero en todos os plans, programas ou proxectos que se leven a cabo dende as institucións públicas.

É por iso que dende a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) apostan pola formación do persoal ao servizo da administración pública nesta materia. Para isto, confían una ano máis no labor de titorización de Retnova no curso “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos”.

Con este curso en liña, que se ven desenvolvendo dende hai unhas semanas, preténdese orientar ao alumnado participante na súa tarefa de integración da perspectiva de xénero nas intervencións públicas.

Seguiremos traballando proximamente cunha nova edición deste curso para atallar as discriminacións explícitas das intervencións públicas e acadar así a igualdade real entre mulleres e homes!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602