USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Novas accións da campaña Compigual

20/01/23

No día de onte o equipo de RETNOVA xunto coa Concelleira de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa dúas novas accións no marco da campaña COMPigual. Estas accións son: a Guía dixital de recursos didácticos para a igualdade: receitas coeducativas e o xogo virtual A-BANEANDO as violencias machistas.

A Guía dixital é unha ferramenta orientada ao profesorado de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional con ideas, suxestións e técnicas que permiten a sensibilización, a reflexión e a promoción da igualdade de oportunidades na educación.

O xogo virtual está orientado ao alumnado da E.S.O, Bacharelato e de Formación Profesional e ten por obxectivo aprender a identificar as formas de violencias machistas producidas en diferentes contextos.

Ademais, vai acompañado dunha breve guía explicativa.

Continuamos traballando en COMPigual co firme convencemento de que o sistema educativo é o recurso de socialización con maior viabilidade para materializar e garantir unha educación inclusiva e equitativa.

 Moitas grazas!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602