USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Novo curso: ciberviolencias sexistas

28/10/21

Recentemente, en ReTnova demos comezo ao novo curso en liña Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero.

Trátase dun curso de nova creación que elaboramos co obxectivo de profundar nas novas formas de violencia de xénero que se están producindo a través de internet. Forma parte do Plan de formación da EGAP-2021 e impártese a través da súa aula virtual.

Estamos moi contentas de levar a cabo o deseño e a titorización deste curso co que se pretende sensibilizar sobre o concepto e o alcance da violencia exercida contra as mulleres no mundo dixital. Ademais, a través desta formación achegaráselle ao alumnado unha visión clara e integral sobre o que é a ciberviolencia de xénero e boas prácticas para a prevención efectiva en materia de violencia de xénero dixital.

Agradecemos á Escola Galega de Administración Pública que confiara unha vez máis no noso equipo e, por suposto, a todo o alumnado participantes, por ter elixido este curso.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602