USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

O apoderamento das mulleres para lograr o cambio social

05/07/22

En RETNOVA traballamos co obxectivo de lograr a igualdade entre mulleres e homes, derrubando as barreiras históricas, culturais e socioeconómicas que interfiren na súa consecución.

Entre as nosas actividades destacan os talleres de apoderamento con mulleres nos que fomentamos a participación individual e colectiva no ámbito público, social, económico e cultural.

O traballo realizado dende a individualidade cara ao colectivo serve ás mulleres para organizarse en prol do seu propósito e desexos; o que permite o cambio cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. Nestes talleres fomentamos a sororidade, o apoio entre mulleres e a creación conxunta; ao tempo que se traballan aspectos individuais como o autocoñecemento, a autoestima e o valor propio.

O equipo de RETNOVA ven de rematar unha actividade máis de apoderamento con mulleres e segue comprometido co traballo neste campo. Non temos dúbida da complicidade das mulleres para lograr grandes cambios sociais.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602