USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

O obradoiro dual de emprego de Porto do Son di non as violencias de xénero

21/11/22

Vimos de estar co alumnado do obradoiro dual de emprego "Tahume VIII", promovido polo Concello de Porto do Son, cunha acción formativa sobre ciberviolencias de xénero e medios de comunicación, a través de varias sesións.

As persoas participantes comprenderon o fenómeno da violencia de xénero e como os medios de comunicación a lexitiman. Aprenderon a identificar diferentes formas de exercer a violencia, con especial énfase naquelas que utilizan as redes sociais e internet. Ademais, deseñaron e gravaron un vídeo para a campaña do 25 de novembro do Concello de Porto do Son, que pronto verá a luz.

Agradecemos ao Concello de Porto do Son a confianza no equipo de RETNOVA para realizar esta actividade e a todo o alumnado do Obradoiro de Emprego pola súa implicación e colaboración.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602