USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Obradoiro de igualdade en Chantada

30/06/22

Este luns o equipo de RETNOVA desprazouse a Chantada para realizar un obradoiro de igualdade coa rapazada do concello. Máis de cincuenta nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos participaron nesta actividade. A través de diferentes xogos e dinámicas abordáronse, dunha maneira participativa e experiencial, contidos clave para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.  Mediante o xogo, a rapazada foi quen de identificar estereotipos e roles de xénero, situarse ante eles e argumentar para desmontalos. Tamén reflexionamos sobre as tarefas domésticas e de coidados e a importancia da corresponsabilidade nos fogares. Falamos de respecto, tolerancia, xustiza e igualdade e fomentamos estes valores no grupo, a través do xogo cooperativo.

Unha xornada divertida e igualitaria!

Agradecemos a oportunidades que nos dou o Concello de Chantada de levar a cabo esta actividade e, por suposto, a implicación da rapazada participante e o apoio do monitorado.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602