Os CIM de Galicia: coñecer para impulsar
19/06/26
A mellora continua dos recursos públicos de igualdade require coñecer a súa realidade, necesidades e retos de futuro. Con este propósito, a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, promoveu o Estudo de situación e liñas estratéxicas de acción para o impulso dos Centros de Información ás Mulleres de Galicia (CIM); un proxecto no que participou o equipo de RETNOVA e sobre o que xa compartimos por aquí hai meses.
O estudo permitiu coñecer a realidade actual da Rede CIM, identificar necesidades e retos de futuro, analizar o funcionamento dos servizos e recoller as demandas tanto dos concellos que dispoñen deste recurso como daqueles que aínda non contan con el.
A partir da diagnose realizada definíronse liñas estratéxicas orientadas a reforzar e impulsar a actividade dos CIM, co obxectivo de contribuír á súa adaptación ás novas realidades sociais e ás necesidades da poboación usuaria.
Aínda que o traballo finalizouse hai un tempo, os seus resultados foron presentados recentemente no Consello da Xunta de Galicia, dando a coñecer as principais conclusións da diagnose e as liñas estratéxicas definidas.
Desde Retnova estamos moi agradecidas á Consellería de Política Social e Igualdade por ter contado con nós para este proxecto. Seguimos comprometidas coa realización de estudos, de diagnósticos e de procesos de planificación que contribúan á mellora das políticas públicas de igualdade e ao fortalecemento dos recursos que prestan atención directa á cidadanía.
604 078 903
