descripcion de imagen

Peche do curso sobre violencia de xénero no ámbito educativo

29/04/26

Retnova ven de rematar a titorización da edición 2026 do curso en liña “Análise da violencia de xénero nos centros educativos”.

Esta formación tivo como finalidade fortalecer as competencias do profesorado para avanzar cara a unha práctica docente comprometida coa igualdade de xénero e coa prevención das violencias machistas.

Ao longo do curso abordáronse cuestións clave relacionadas coa conceptualización da violencia de xénero, a súa orixe estrutural, as distintas manifestacións que presenta e o impacto que xera tanto nas mulleres como nas crianzas e na mocidade. Así mesmo, o alumnado contou con recursos prácticos, orientacións didácticas e ferramentas útiles para trasladar estes contidos ao contexto educativo.

A educación constitúe unha ferramenta esencial para promover o pensamento crítico, cuestionar estereotipos e impulsar novos modelos de relación baseados no respecto e na igualdade. Neste sentido, a formación do profesorado resulta clave para consolidar centros educativos seguros, inclusivos e libres de violencias.

Desde Retnova valoramos moi positivamente a participación e implicación do alumnado ao longo desta edición e reafirmamos o noso compromiso co deseño e desenvolvemento de accións formativas que contribúan á transformación social e á igualdade real.

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN