USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Plans de igualdade nas entidades públicas

15/12/21

Eliminar as fendas de xénero existentes nos lugares de traballo non só é importante nas empresas privadas, tamén nas organizacións públicas. En RETNOVA vimos traballando nos últimos meses, a través da elaboración de plans de igualdade, para acadar este propósito en varias entidades do sector público que confían no noso labor e experiencia.

Coa implantación de plans de igualdade, as administracións e organismos públicos materializan o seu compromiso coa erradicación de calquera tipo de discriminación por razón de sexo e a corrección de desequilibrios que poidan existir no seo da súa organización. Isto contribúe ao benestar das persoas traballadoras e redunda no conxunto da sociedade.

Agradecemos a todas as entidades públicas que confían en RETNOVA! Estamos encantadas de seguir contribuíndo á consecución da igualdade de trato, de recoñecemento e de oportunidades  entre mulleres e homes!

 

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602