USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Plans estratéxicos para organizacións públicas e privadas

29/07/22

En RETNOVA realizamos plans estratéxicos organizacións, tanto públicas como privadas, que buscan acadar os seus obxectivos e optimizar os seus servizos.  

Un Plan estratéxico é unha ferramenta da que se dotan as organizacións para definir a súa estratexia de acción nun marco temporal determinado. De maneira ordenada, clara e sistematizada, inclúense os obxectivos e liñas de acción a seguir para alcanzar as metas sinaladas, así como a responsabilidade dos diferentes actores implicados na consecución e os instrumentos que permitirán levar a cabo o seu seguimento e avaliación durante e tras a súa execución.

O equipo de RETNOVA acompaña no proceso de elaboración e implantación dos plans estratéxicos, dende a análise previa da situación ata a definición da estratexia e o seguimento da consecución dos obxectivos.

Agradecemos a confianza daquelas organizacións que confían en nós para o deseño e implantación dos seus plans estratéxicos.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602