USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Por unha sociedade inclusiva, accesible e sostible!

03/12/21

Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Este ano, Nacións Unidas, conmemora este día baixo o lema “Liderado e participación das persoas con discapacidade na construción dun mundo postcovid inclusivo, accesible e sostible”.

As persoas con discapacidade sufriron de maneira especial as consecuencias da pandemia que  agravou as desigualdades e puxo de manifesto o grado de exclusión e a necesidade da súa inclusión plena.

RETNOVA súmase hoxe a esta celebración co compromiso de seguir traballando cada día para promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

É necesario concienciar sobre a súa situación na vida política, social, económica e cultural. Conseguilo está en mans de todas e todos!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602