USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Programas para a conciliación da vida laboral, persoal e familiar

14/06/22

En RETNOVA deseñamos Programas para a Conciliación da vida laboral, persoal e familiar para empresas. Os programas de conciliación son ferramentas sinxelas e transparentes que axudan a fomentar a igualdade na empresa, a optimizar os recursos, a mellorar o clima laboral, a produtividade e a rendibilidade.

 A conciliación refírese ao equilibrio entre o tempo que dedicamos ao traballo e a vida persoal e familiar. Ter unha boa estratexia de conciliación contribúe á corresponsabilidade, é dicir, á distribución equilibrada, equitativa e funcional das responsabilidades domésticas, de coidados e laborais.  Supón un gran paso para a consecución da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Somos conscientes das dificultades para harmonizar os tempos pero tamén coñecedoras dos innumerables beneficios do fomento da conciliación nas empresas.

Para a elaboración dos programas, adaptámonos ás características de cada empresa para desenvolver unhas medidas de conciliación efectivas, reais e viables.  Algunhas delas son o teletraballo, a flexibilidade horaria ou as quendas intensivas, entre outras.

Agradecemos a confianza que moitas empresas depositan en nós para deseñar estes programas para a conciliación de tempos, e valoramos o seu compromiso para a implantación de medidas que fomentan a corresponsabilidade e a igualdade real e efectiva.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602