USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Promover a igualdade a través das entidades locais

04/07/23

O compromiso por unha sociedade equitativa dos concellos amósase a través do desenvolvemento de distintas accións, como a elaboración e aplicación de plans de igualdade entre a súa poboación. Así se fixo en Boqueixón, onde se aprobou o V Plan de igualdade entre mulleres e homes 2023-2026.

Retnova traballou na elaboración deste plan nos últimos meses. Un documento estruturado arredor de seis áreas estratéxicas, coas que promover unha sociedade máis igualitaria. A través destas áreas trabállanse distintos aspectos, desde a evolución nos valores da sociedade á corresponsabilidade ou a prevención da violencia de xénero.

Dentro das acciones relacionadas con esta iniciativa, Retnova elaborou material divulgativo do V Plan de igualdade, para contribuír así a facilitar a súa difusión entre a cidadanía.

Parte do traballo previo ao desenvolvemento deste documento constituíu, ademais, na avaliación do plan anterior. A análise do IV Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Boqueixón serviu para extraer información clave sobre o estado de cumprimento das medidas propostas.

Retnova afianza coa elaboración deste plan o seu compromiso para promover a igualdade desde distintas áreas e a través de diferentes ferramentas. Agradecemos ao Concello de Boqueixón a oportunidade de colaborar coa administración no fomento destes valores, esenciais para unha sociedade equitativa e xusta.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602