USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Protocolos de prevención do acoso sexual e por razón de sexo

21/07/22

En RETNOVA elaboramos protocolos de prevención do acoso sexual e por razón de sexo, que teñen como obxectivo a promoción de condicións de traballo que eviten este tipo de acoso e o establecemento de procedementos específicos de prevención e actuación ante posibles casos. 

O protocolo para a prevención do acoso sexual e por razón de sexo é un instrumento obrigatorio para todas as empresas, independentemente do número de persoas traballadoras, no que se recollen as pautas para identificar posibles situacións de acoso e os procedementos a seguir en caso de que sucedan.

As empresas que contan cun protocolo de prevención de acoso sexual e por razón de sexo cumpren coa normativa vixente e están a previr, sensibilizar e atallar a discriminación laboral.

Agradecemos ás empresas que confían no noso equipo para a elaboración destes protocolos de prevención e que demostran o seu compromiso real pola igualdade laboral entre mulleres e homes.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602