17/06/22
O equipo de RETNOVA está levando a cabo dende o mes de maio “Tomamos Parte. Mulleres en acción de Teo”, unha actividade que combina o empoderamento e desenvolvemento persoal coa creación dunha acción de sensibilización en igualdade.
Xa estamos na recta final e as participantes, despois de varias sesións nas que traballamos sobre o empoderamento, a autoestima, a sororidade e as desigualdades de xénero, están deseñando unha acción conxunta seleccionada en grupo para fomentar a igualdade entre mulleres e homes entre a poboación de Teo.
Seguimos acompañando na creación da proposta e apoiando ás mulleres participantes no proceso de facerse oír. Estamos seguras de que será unha acción rompedora con impacto na veciñanza teense.
Agradecemos a oportunidades que nos da o Concello de Teo de levar a cabo esta actividade e, por suposto, a implicación e compromiso das mulleres.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021