descripcion de imagen

Rematamos o primeiro semestre de formación

22/07/25

Rematamos o primeiro semestre do ano con satisfacción polo traballo realizado e co compromiso renovado de seguir ofrecendo unha formación de calidade, útil e conectada coa realidade das persoas e organizacións.

En Retnova traballamos na creación e implementación de propostas formativas que contribúan ao crecemento persoal e profesional. Deseñamos formacións centradas na adquisición de aprendizaxes significativas, combinando contidos actualizados cun enfoque metodolóxico práctico, participativo e adaptado aos diferentes contextos e públicos. A nosa prioridade é ofrecer unha aprendizaxe significativa, conectada coa realidade social e cos retos do presente.

Durante estes meses centramos boa parte da actividade formativa en áreas vinculadas coa discapacidade, coa igualdade e coas violencias machistas . Impartimos formación básica en materia de violencia de xénero, sobre a detección e prevención das ciberviolencias sexistas, sobre o apoio e acompañamento a vítimas de violencia de xénero, así como un curso centrado na normativa vixente en materia de discapacidade, co obxectivo de favorecer unha actuación máis consciente e respectuosa cos dereitos das persoas con discapacidade. Realizamos tamén unha parte do curso sobre aplicación da perspectiva de xénero na práctica administrativa: nivel medio, ao que daremos continuidade en setembro.

Neste período tivemos a oportunidade de colaborar con entidades como a Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP e a Escola Galega de Administracion Pública EGAP, entre outras, co desenvolvemento de proxectos formativos que reflicten o noso compromiso coa aprendizaxe significativa e coa mellora continua.

De cara ao segundo semestre, continuamos traballando con ilusión e responsabilidade na creación de novas propostas formativas que respondan ás necesidades dunha sociedade en constante evolución.

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN