07/06/22
Finalizamos as actividades presenciais programadas para este curso académico de COMPigual, Compostela pola igualdade de xénero, cos talleres orientados a Educación Infantil.
COMPigual é un programa que se leva a cabo en diferentes etapas educativas e co que polo de agora conseguimos chegar a máis de 1700 rapazas e rapaces dos centros educativos do Concello de Santiago de Compostela.
Seguimos en contacto coas titorías de educación primaria dos centros participantes para acompañar na actividade “Lendo en e pola igualdade, guía para familias e alumnado” e coñecer os resultados desta iniciativa, que foi valorada moi positivamente. Tamén continuamos traballando na elaboración de materiais.
O equipo de RETNOVA está moi agradecido pola boa acollida dos centros educativos, o alumnado, o profesorado e as familias que participan en COMPigual.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021