14/07/25
Recentemente tivo lugar a 8ª reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Burela, na que prestamos asistencia técnica para facilitar o traballo conxunto das diferentes entidades e profesionais que a integran.
Nesta sesión abordáronse cuestións fundamentais para a análise e seguimento da situación no municipio e permitiu abrir un espazo de debate e posta en común para reflexionar sobre as dificultades e retos que se atopan no proceso de atención ás vítimas de violencia de xénero, o que permite identificar liñas de mellora e reforzar a coordinación entre os axentes implicados.
O Concello de Burela reafirma a súa firme vontade de seguir impulsando esta Mesa Local como un instrumento esencial para garantir unha resposta rápida, efectiva e integral ante a violencia de xénero. O apoio técnico que prestamos desde Retnova é unha mostra do noso compromiso para fortalecer as redes de protección e de atención e contribuír a construír unha comunidade máis segura, igualitaria e respectuosa.
Continuamos a traballar conxuntamente con todas as entidades para seguir avanzando na prevención, sensibilización e intervención, conscientes de que a colaboración interinstitucional é clave para erradicar esta lacra social.
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2025