USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

RETOMAMOS A FORMACIÓN EN LIÑA

22/09/22

Esta semana retomamos a formación en liña, a través da aula virtual da EGAP (Escola Galega de Administracion Pública), con dous cursos que elaboramos e titorizamos.

Concretamente, neste segundo semestre de formación, comezamos a segunda edición de “Certificados de profesionalidade. Que son e para que serven”, un curso dirixido a persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego. Tamén iniciamos a cuarta edición de “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero destinado ao persoal ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

En RETNOVA apostamos pola formación como a mellor ferramenta para obter coñecementos, habilidades e actitudes que permitan abordar procesos de cambio e mellora social.

Agradecemos a confianza depositada no noso equipo para titorizar estes cursos e agardamos os mellores resultados para o alumnado.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602