USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Retomando a formación presencial con mulleres-Concello de Meaño

11/05/21

Onte demos comezo aos talleres de desenvolvemento persoal e autodefensa dixital feminista dirixido ás mulleres do Concello de Meaño e estaremos toda este semana compartindo vivencias e experiencias en Meaño e Dena.

Na primeira sesión deste taller,  traballamos o autocoñecemento e a xestión emocional, entendido como unha maneira de vivir conscientemente, sempre dende a perspectiva de xénero.

Ademais,  abordamos de maneira participativa e dinámica a autoestima e os autocoidados, insistindo naquelas ferramentas que nos poden axudar a reforzala e a aprender a querernos de forma máis saudable.

O obxectivo deste taller é fomentar a toma de conciencia das mulleres sobre as capacidades e potencialidades que posúen, dando lexitimidade ás súas vivencias, necesidades e sentimentos, e dotalas de ferramentas para comprender e detectar as violencias machistas na rede, desenvolvendo estratexias de autodefensa e coidados dixitais dende unha perspectiva feminista.

Moitas grazas ao Concello de Meaño por confiar en ReTnova para levar a cabo esta iniciativa, que nos permite seguir poñendo ao servizo das mulleres a nosa experiencia e coñecemento. Ademais, comprácenos moito poder volver a facelo de maneira presencial.

Esta iniciativa está financiada a cargo dos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero.

Continuamos hoxe co grupo de mulleres de Dena!

 

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602