USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Seguimos coa formación en liña

29/04/21

Nestes días, demos comezo a novas accións formativas enmarcadas no Plan de formación 2021 da Escola Galega de Administración Pública, da Xunta de Galicia.

Concretamente, dunha banda, demos a benvida ao alumnado do curso “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos”. O obxectivo deste curso é que as alumnas e alumnos tomen conciencia do mandato legal da aplicación da transversalidade de xénero na intervención das administración públicas e adquiran os coñecementos básicos para aplícalo no deseño, execución e avaliación de políticas públicas.

Doutra banda, daba comezo tamén a segunda edición do curso de “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero” deste primeiro semestre de formación.

Ambos cursos están dirixidos ao persoal da administración pública.

Moitas grazas á EGAP por confiar no labor de titorización de ReTnova.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602