USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Seguimos coa formación presencial en Dena!

14/05/21

Como xa adiantabamos o luns, ReTnova tamén está levando a cabo o taller de desenvolvemento persoal e autodefensa dixital feminista coas mulleres de Dena.

Dentro desta formación, impulsada dende o Concello de Meaño, ten especial relevancia os contidos  relativos ás violencias  dixitais contras as mulleres, materia na que se afondou na segunda sesión deste taller.

Concretamente, puxéronse de relevo as formas de violencia  das que son vítimas as mulleres na rede, tendo en conta a súa diversidade. Destacou o especial interese, e a preocupación das mulleres, polo mal uso das novas tecnoloxías entre a poboación adolescente e a perda da privacidade que isto provoca.

Hoxe poñeremos fin a esta formación con dúas sesións, en Meaño e Dena, nas que  seguiremos formando e aprendendo sobre autodefensa e autoprotección dixital.

Moitas grazas a todas as mulleres que nos acompañan nestes días pola súa participación e implicación

 

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602