USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Sensibilizando en materia de violencia de xénero

21/04/21

Hai uns días anunciábamos o comezo do semestre de formación en liña para EGAP cun curso  sobre discapacidade. Hoxe, comunicamos  o comezo da primeira edición do curso “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero”, enmarcado tamén no Plan de formación para o ano 2021 da Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia.

Esta acción formativa ten por obxectivo formar e sensibilizar ao persoal da administración autonómica sobre o concepto e alcance da violencia exercida contra as mulleres. A través desta formación realizarase tamén unha aproximación aos recursos dispoñibles e actuacións que se están levando a cabo en materia de violencia de xénero.

Dende ReTnova estamos moi agradecidas de contribuír co noso labor de titorización a cimentar un patrón igualitario entre mulleres e homes e reforzar as competencias profesionais nesta materia.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602