16/07/25
En Retnova, colaboramos co Concello de Santiago de Compostela na realización do “Estudo sobre a situación das persoas maiores de Compostela e elaboración das liñas estratéxicas de acción municipal”, un proxecto que busca analizar en profundidade a realidade das persoas maiores no municipio e orientar as políticas públicas neste ámbito.
Este traballo enmárcase no compromiso de Santiago de Compostela como Concello adherido á Rede Mundial de Cidades Amigables coas Persoas Maiores, unha iniciativa promovida pola Organización Mundial da Saúde, que busca fomentar contornas máis inclusivas, accesibles e respectuosas co envellecemento.
Recentemente, rematamos unha das fases clave do proxecto: a recollida de información a través de grupos focais con persoas maiores do municipio e entrevistas en profundidade a persoas expertas en distintos ámbitos. Isto permítenos obter unha visión ampla e diversa das necesidades e retos que afrontan as persoas maiores de Compostela.
Agora, continuamos avanzando na fase de análise e interpretación desta información, co obxectivo de formular propostas estratéxicas útiles e viables para mellorar a calidade de vida das persoas maiores no municipio.
Seguimos traballando para contribuír a que Santiago de Compostela se consolide como unha cidade máis inclusiva, accesible e respectuosa coas persoas maiores.
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2025