USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

SOMOS SUPER-IGUAIS nas Escolas Infantís de Melide

10/11/22

Este mércores o equipo de RETNOVA desprazouse ata Melide para realizar a actividade de contacontos “Somos super-iguais”, dirixido ao alumnado da Escola Infantil Municipal e da Escola Infantil Galiña Azul de Melide.

Realizouse unha lectura dramatizada dun conto e leváronse a cabo actividades participativas coas que nenas e nenos reflexionaron sobre a liberdade de elección afastada dos estereotipos de xénero. Convertéronse en superheroínas e superheroes cunha misión: espallar a diversidade, a igualdade e a liberdade no mundo.

Agradecemos ao Concello de Melide a confianza en nós para realizar esta actividade, ao profesorado e á dirección das Escolas pola boa acollida da actividade e, por suposto, ás nenas e nenos pola súa atención e implicación.

En RETNOVA, seguimos traballando na sensibilización e formación en materia de igualdade para todas as idades.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602