USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Fomentando a igualdade no seo das organizacións

10/05/23

En RETNOVA traballamos amplamente no ámbito social, colaborando con organismos e empresas con vinculación neste eido e desenvolvendo un labor especializado en distintas temáticas relacionadas. Entre as nosas liñas de traballo está a prestación de servizos especializados en igualdade, onde vimos de colaborar con IGAXES, ONG para o futuro da infancia e a xuventude en risco, na elaboración do seu Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes.

A redacción deste documento é froito dun exhaustivo traballo e negociación coas diversas representacións da entidade e as organizacións sindicais do sector. Un labor no que IGAXES deixou claro o seu compromiso no avance da igualdade entre mulleres e homes no seu cadro de persoal, cunha aposta pola corresponsabilidade e a conciliación.

Aquí, a negociación efectuada entre representantes do cadro de persoal e empresa traduciuse no acordo pola progresiva implantación de novos permisos, a ampliación dalgúns existentes e outras medidas favorecedoras da harmonización da vida persoal, familiar e laboral.

Desde RETNOVA amosamos a nosa satisfacción por formar parte deste proceso, co que contribuímos a mellorar a vida das persoas con base na igualdade de dereitos e oportunidades, á vez que agradecemos á entidade o gran compromiso da organización na elaboración deste plan.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602