USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Taller de xestión emocional en tempos de pandemia dende a perspectiva de xénero

18/11/21

Levamos tempo sen pasarnos por aquí, pois está sendo un mes de novembro moi intenso !!

Así que contamos algunha das accións coas que andamos: onte, demos por finalizado o Taller de xestión emocional en tempos de pandemia dende a perspectiva de xénero, dirixido a traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar no medio rural.

Este taller, impulsado polo Concello de Rodeiro , desenvolveuse tras varias sesiones ao longo deste mes de novembro nas que as mulleres puideron expresar e compartir co grupo dificultades e situacións de estrés que viviron dende o inicio da pandemia.

Traballamos o empoderamento con exercicios de expresión corporal ea necesidade de poñer límites para fomentar o autocoidado, así como o arquetipo das calidades innatas a desenvolver a través de dunha dinámica con terracota.

Profundouse nesas dificultades vividas con motivo da pandemia dende a perspectiva de xénero, e púxose de manifiesto o empeoramento da súa saúde física e mental. En relación con isto, cómpre sinalar que realmente foron as protagonistas dos coidados, non só no seu traballo senón tamén na súa familia.

Como peche do taller, e nunha última sesión, realizáronse exercicios para traballar a consciencia corporal e exercicios de visualización guiada para logo rematar coa súa representación. Traballouse desta maneira no autocoidado e na xestión das emocións e do estrés. Ademais, a posta en común das súas reflexións facilitou a creación dunha rede de apoio mutuo.

Moitas grazas a todas as mulleres asistentes ao taller e ao Concello de Rodeiro por contar co equipo de ReTnova para esta iniciativa!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602