USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Talleres presencias COMPigual!

22/11/21

Neste mes de novembro comezamos cos talleres presenciais no marco da campaña COMPigual, Compostela pola Igualdade de xénero, impulsada dende o Concello de Santiago de Compostela.

O noso equipo trasladouse a varios centros educativos para levar a cabo sesións formativas con alumnado de primaria e secundaria.

Concretamente, estivemos nos seguintes centros: CEIP de Roxos, IES Pontepedriña, CPR Vilas Alborada, CEIP Lamas de Abade, CPR Plurilingüe a Milagrosa e CEIP Montes dos Postes.

Nos talleres co alumnado de primaria abordouse a construción social das diferenzas entre mulleres e homes, os diferentes condicionantes de xénero e a forma en que estes se trasladan ás relacións interpersoais. Ademais, levouse a cabo un segundo taller con este nivel no cal se profundou en conceptos básicos como agresión, violencia contra as mulleres e as nenas etc., na desmitificación do amor romántico e nos elementos constitutivos das relacións afectivas sas.

No caso de secundaria, traballouse o impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento de agresións machistas e de relacións de violencia de xénero entre a rapazada adolescente ea mocidade. A través dun taller participativo, púxose a enfase na identificación de agresiones sexistas na rede (ciberacoso sexista) e de actitudes de control e dominio nas relacións sexo-afectivas (cibercontrol).

Moitas grazas a todos os centros participantes! Seguimos!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602