USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Traballamos co alumnado de Outes sobre masculinidades e autodefensa dixital

20/04/21

Na pasada semana, estivemos no Concello de Outes realizando talleres sobre autodefensa dixital feminista e masculinidades emerxentes coas mozas e mozos de 3º de educación secundaria do IES Poeta Añón.

As mozas asistiron ao taller de autodefensa dixital, onde reflexionaron conxuntamente sobre a problemática das violencias contra as mulleres na rede e sobre como estas lles afectan. Construíuse un espazo de seguridade e confianza, onde puideron compartir as súas vivencias e experiencias persoais no mundo tecnolóxico, á vez que desenvolveron estratexias de autodefensa e coidados dixitais dende unha perspectiva feminista.

Os mozos, pola súa banda, participaron no taller de masculinidades abrindo un espazo de reflexión sobre o seu papel no camiño cara unha sociedade máis igualitaria. Nun ambiente dinámico os rapaces analizaron e debateron conxuntamente sobre o modelo tradicional de masculinidade hexemónica e sobre outros modelos alternativos e igualitarios. Ademais, cuestionaron os privilexios masculinos e as consecuencias de que as rapazas non gocen destes.

Estes obradoiros tiveron unha moi boa acollida por parte do alumnado que resultou amosar moito interese coa súa participación ao longo das dúas sesións nas que se desenvolveron ambos talleres.

Moitas grazas ao IES Poeta Añón polo recibimento e ao Concello de Outes por confiar no traballo de ReTnova nesta aposta por sensibilizar e informar á adolescencia outense!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602