USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Traballando pola igualdade nas empresas!

27/05/21

Estamos moi contentas de colaborar co tecido empresarial da contorna para avanzar na consecución da igualdade laboral e que as empresas poidan desfrutar dos múltiples beneficios que proporciona.

Nestes momentos atopámonos traballando na elaboración de plans de igualdade para dúas empresas galegas.

Iniciamos a elaboración destes plans deseñados a medida para cada empresa, a partir dun diagnóstico previo en materia de xestión de persoas e condicións laborais, sempre desde a óptica de xénero, de maneira que cada medida estará deseñada segundo as características e necesidades da organización.

A través dun coidado e rigoroso proceso de elaboración en todas as súas fases, damos cumprimento a todos os requisitos normativos recentemente aprobados para a elaboración dos plans de igualdade de empresa (Decretos 901/2020 e 902/2020).

Estamos enormemente agradecidas a estas empresas por confiar no equipo de ReTnova para materializar o seu compromiso coa igualdade.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602