Un espazo para a coordinación institucional contra a violencia de xénero
05/06/26
A Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do Concello de Burela celebrou esta semana unha nova xuntanza de traballo. Desde Retnova colaboramos desde hai anos con este órgano para apoiar o seu funcionamento e actividade.
Durante a sesión abordáronse cuestións relacionadas coa actividade da Mesa, a posta en común de información de interese para as organizacións participantes e a identificación de posibles necesidades, incidencias e oportunidades de mellora na coordinación institucional.
A Mesa constitúe un espazo de encontro e colaboración entre os distintos recursos implicados na prevención, detección, atención e seguimento dos casos de violencia de xénero. A súa actividade favorece o coñecemento compartido da realidade local, o intercambio de información e a coordinación entre servizos e institucións.
A consolidación deste tipo de estruturas de colaboración resulta fundamental para fortalecer a capacidade de actuación dos recursos e axentes implicados e favorecer respostas coordinadas na atención.
604 078 903
