Un novo horizonte para a cultura en Galicia
09/06/26
En Retnova iniciamos os traballos de asistencia técnica para a elaboración de +Cultura Inclusiva Horizonte 2030. Plan de accesibilidade e de inclusión cultural de Galicia, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para avanzar cara a un modelo cultural máis accesible, inclusivo e participativo.
Este instrumento estratéxico enmárcase no desenvolvemento da Lei 3/2024, do 5 de decembro, de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que promove a igualdade de oportunidades no acceso á cultura, a eliminación de barreiras e o recoñecemento da diversidade como un valor esencial da sociedade galega.
Desde Retnova celebramos a oportunidade de contribuír coa nosa ampla experiencia no ámbito da planificación participativa e a avaliación de políticas públicas, co obxectivo de contribuír ao deseño dun marco de actuación que favoreza a inclusión cultural de todas as persoas.
Neste momento, atópamonos nunha primeira fase de recollida de información na que se involucrou a entidades e organizacións representativas dos ámbitos da cultura, da discapacidade, da inclusión social e doutras realidades vinculadas á vulnerabilidade ou ao risco de exclusión cultural.
Formar parte deste proxecto supón unha nova oportunidade para seguir contribuíndo ao desenvolvemento de políticas públicas que promovan a inclusión, a accesibilidade e a igualdade de oportunidades.
604 078 903
