USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Xogo virtual "Canto sabes sobre igualdade?"

15/03/21

En ReTnova estamos moi satisfeitas pola entrega que acabamos de realizar do xogo virtual “Canto sabes sobre igualdade?”, impulsado pola Concellería de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal.

Esta ferramenta nace coa intención de que nenas e nenos de Educación Primaria dos centros educativos do Concello aprendan sobre a (des)igualdade entre mulleres e homes, á vez que avanzamos no camiño cara á igualdade de trato e de recoñecemento entre ambos xéneros.

A través deste recurso dixital, divertido e atractivo para a rapazada, as nenas e os nenos deben resolver diferentes preguntas sobre a igualdade entre mulleres e homes, os roles e estereotipos de xénero, as desigualdades persistentes na sociedade, as mulleres relevantes na historia de Galicia e da Pobra do Caramiñal, entre outras.

Ademais, coa posta en práctica deste xogo, facilítase a autonomía das rapazas e rapaces no uso das TIC, a promoción da súa actitude participativa e activa e da súa motivación, ao mesmo tempo que se produce unha aprendizaxe significativa sobre a temática ao tratarse dunha ferramenta dixital e interactiva.

Agradecemos ao Concello da Pobra do Caramiñal, a confianza depositada en nós para levar a cabo esta iniciativa que procura fomentar os valores baseados na igualdade desde as xeracións máis mozas do Concello!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602