24/05/23
O equipo de Retnova vén de rematar unha serie de accións para promover a igualdade entre o alumnado dos centros educativos de Secundaria do Concello de Santiago de Compostela. Nestas sesións convidouse a rapaces e rapazas a participar por equipos no xogo virtual A-BANEANDO as violencias machistas.
Os recursos lúdicos son ferramentas idóneas para o fomento da igualdade entre a poboación adolescente. En concreto, os xogos virtuais permiten achegar dunha forma máis adecuada á rapazada materiais de distintos tipos, como cancións, vídeos ou textos de redes sociais, que funcionan mellor á hora de familiarizala cos conceptos relacionados co amor romántico, a violencia de xénero e outras formas de discriminacións.
Nas dinámicas acadouse un bo grao de participación co que, máis aló de contribuír ao coñecemento destes conceptos, conseguiuse que alumnas e alumnos intercambiasen experiencias. Unha forma de favorecer a aprendizaxe cooperativa, na que os e as estudantes participan nas actividades de forma activa e colectiva, buscando acadar un ensino máis consistente.
Con estas sesións conclúe esta última edición da campaña COMPigual, a iniciativa para a comunidade educativa coa que Retnova veu colaborando nos últimos dous anos co Concello de Santiago.
Agradecemos ao equipo de Igualdade municipal esta oportunidade para contribuír á promoción destes valores nos centros educativos.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021