header-cookies1 header-cookies2

Novas

Las mujeres vilalbesas protagonistas de la campaña “Frente a las violencias machistas, rompamos cadenas”

As mulleres vilalbesas protagonistas da campaña “Fronte ás violencias machistas, rachemos cadeas”

04/12/2020 12:17

O pasado 25 de Novembro saíu á luz a campaña que ideou o grupo de mulleres participantes no programa que levamos a cabo en Vilalba “As Mulleres Vilalbesas Falamos e Actuamos”.

O traballo grupal e creativo realizado durante os talleres coas mulleres vilalbesas concluíu coa creación dunha campaña de sensibilización para erradicar e previr a violencia de xénero en Vilalba.

A través desta campaña, co lema “Fronte ás violencias machistas, rachemos cadeas” quixeron compartir con toda a poboación vilalbesa algunhas das violencias máis invisibilizadas e normalizadas pola sociedade que se exercen contra as mulleres, xunto con aquelas máis visibles e perceptibles. Así, coa mensaxe de que “todas son violencias” pretenderon transmitir á poboación vilalbesa a necesidade de rachar cadeas contra todas estas formas de violencia contra as mulleres e de romper co machismo que impera na sociedade. 

Dende ReTnova estamos moi contentas pola formación impartida e polo acompañamento realizado tanto nos talleres presenciais como nesta última fase de asesoramento e orientación na campaña que acadou estes bos resultados.

Reiteramos o noso agradecemento ao Concello de Vilalba por ter contado con nós para levar a cabo esta innovadora iniciativa e ás mulleres vilalbesas polo seu compromiso.

Compartir en

← Atrás