header-cookies1 header-cookies2

Novas

Concluimos el Estudio sobre el cuidado informal en el daño cerebral adquirido

Concluímos o Estudo sobre o coidado informal no dano cerebral adquirido

28/12/2020 14:07

Estamos moi satisfeitas coa finalización neste mesmo ano do "Estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral", posto en marcha dende a FEGADACE, e con financiamento da Fundación Roviralta, Fundación Barrié e da Consellería de Política Social.

O principal obxectivo deste estudo era coñecer o impacto que a tarefa dos coidados das persoas con dano cerebral adquirido ten sobre a saúde e a calidade de vida das persoas que proporcionan esa atención, con carácter regular e de xeito informal.

A enquisa revelou información de alto valor en relación co perfil das persoas coidadoras e cos efectos que a actividade dos coidados ten sobre a saúde biopsicosocial, así como outro tipo de repercusións sobre o seu modo de vida e proxectos vitais.

Agradecemos profundamente á FEGADACE a oportunidade concedida a RETNOVA para levar a cabo esta investigación. Un estudo que, sen dúbida, pretende evidenciar a posibilidade de articular accións, sociais e sanitarias alternativas ás actuais que repercutan en melloras da calidade de vida do grupo de poboación estudado e, por extensión, tamén a quen presente o mesmo perfil de coidados.

 

Compartir en

← Atrás