header-cookies1 header-cookies2

Novas

Continuamos formando al personal al servicio de la administración

Continuamos formando ao persoal ao servizo da administración

28/05/2020 15:34

Seguimos moi activas na nosa liña de formación!

Esta semana demos comezo a dúas novas edicións dos cursos “O  enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos” e “Formación básica para a sensibilización e a prevención da violencia de xénero”. Ao mesmo tempo damos por finalizada as anteriores edicións destes cursos que anunciamos a principios deste mes de maio.

Ambos cursos atópanse enmarcados no Plan de Teleformación 2020 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia), quen confiou novamente en ReTnova para levar a cabo o labor de titorización.

Estas accións formativas, dirixidas ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, supoñen unha ferramenta indispensable de transformación para acadar unha sociedade igualitaria e libre de violencia e para favorecer a calidade das políticas e intervencións públicas.

Continuamos contribuíndo ao desenvolvemento dunha cidadanía comprometida, libre e solidaria!

Compartir en

← Atrás