header-cookies1 header-cookies2

Novas

Damos comienzo al 2º semestre de formación en línea de la EGAP

Damos comezo ao 2º semestre de formación en liña da EGAP

21/09/2020 16:59

Hoxe retomamos a formación en liña enmarcada no Plan de formación da Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia para este 2020.

A primeira acción formativa que titorizaremos neste segundo semestre é sobre violencia de xénero e está dirixida ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Este curso, denominado "Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero” está composto por un total de catro módulos a través dos cales o alumnado adquirirá coñecementos sobre o concepto e alcance da violencia exercida contra as mulleres á vez que poderá desmontar os mitos existentes ao respecto.

Desde o equipo de ReTnova damos as grazas á EGAP por seguir confiando no noso traballo!

Compartir en

← Atrás