header-cookies1 header-cookies2

Novas

Día de los Derechos Humanos

Día dos Dereitos Humanos

10/12/2020 13:08

Hoxe, 10 de decembro, celebramos o Día dos Dereitos Humanos, coincidindo co aniversario da Declaración Universal de Dereitos Humanos aprobada no ano 1948.

Este ano, a conmemoración relaciónase coa pandemia da Covid-19 que agravou a pobreza, o aumento das desigualdades e outras fendas na protección dos dereitos humanos. Neste sentido, céntrase na necesidade de reconstruír tendo en conta estes dereitos como a base para os esforzos de recuperación.  

Dende ReTnova queremos aproveitar este día para reafirmar o noso compromiso de seguir traballando por un mundo máis solidario, máis xusto e máis inclusivo.

Compartir en

← Atrás