11/02/2021 13:51
Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A UNESCO estableceu este día para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía.
Na actualidade, menos do 30% das persoas que se dedican á investigación científica son mulleres. Este dato pon de manifesto que son moitas as que seguen atopando obstáculos neste eido.
O equipo de ReTnova súmase a esta conmemoración co fin de acadar unha participación equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, favorecendo así a igualdade e o seu empoderamento.
Neste sentido, hoxe colaboramos na organización da Xornada “Algoritmos para romper desigualdades”, impulsada polo Concello de Ferrol a través da plataforma ZOOM e na que participarán doutoras en Economía, Física, Matemáticas e Medicina. Con esta iniciativa, o Concello de Ferrol súmase á reivindicación da importancia do papel das mulleres e das nenas na ciencia.
Aínda estás a tempo de inscribirte na xornada que comeza ás 16:00h na seguinte ligazón: https://bit.ly/3riMjxb
Grazas!