header-cookies1 header-cookies2

Novas

Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2020

Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2020

03/12/2020 14:57

Hoxe, 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de reivindicar os dereitos, a dignidade e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

Dende ReTnova seguimos traballando para acadar a eliminación de barreiras e obstáculos coas que se atopan máis de 1.000 millóns de persoas no mundo que padecen algún tipo de discapacidade. 

Durante este ano tivemos a gran oportunidade de traballar e colaborar cunha das federacións integrantes do CERMI Galicia, FEGADACE, tanto para a elaboración do seu plan estratéxico como na realización dun estudo que está a punto de finalizar: “O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras.  Análise en clave de igualdade de xénero”

Neste 2020, a UNESCO conmemora este día baixo o lema "Reconstruír mellor: cara a un mundo inclusivo, accesible e sostible despois da COVID-19 por, para e coas persoas con discapacidade". Ademais, puxo en marcha unha campaña mundial de sensibilización nas súas redes sociais denominada “Conta as nosas historias, habilita os nosos dereitos”.

Confiamos en seguir contribuíndo no próximo ano á inclusión das mulleres e dos homes con algún tipo de discapacidade.

Compartir en

← Atrás