header-cookies1 header-cookies2

Novas

Estrategia colaborativa de la empresa PS Vet DairyQuality con la comunidad

Estratexia colaborativa da empresa PS Vet DairyQuality coa comunidade

05/06/2020 12:32

A empresa PS Vet DairyQuality, veterinaria especializada no control da calidade do leite, confiou a ReTnova a realización dun novo proxecto de RSE. Tras desenvolver actuacións de carácter interno no ano 2018 e 2019 -tamén da man de ReTnova- a través de accións estratéxicas en materia de igualdade de xénero e para a mellora do desenvolvemento organizacional, PS Vet implícase agora coa dimensión externa da responsabilidade social, é dicir, co benestar e desenvolvemento da comunidade e da contorna máis inmediata, a través do establecemento de procesos colaborativos de distinto signo.

Para iso, resultaba de interese dispoñer dunha estratexia que actuase como guía para a posta en marcha por parte da empresa de actuacións colaborativas en ámbitos diversos ao longo dos próximos anos: inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade, dinamización socioeconómica do rural, concienciación ambiental etc.

Para a elaboración desta estratexia realizouse con carácter previo un estudo diagnóstico da contorna, do ámbito xeográfico da actividade social e laboral da empresa, para identificar axentes diversos que operan no territorio e cos cales, como actores da comunidade, poderían establecerse liñas de colaboración.

Con esta nova acción PS Vet consolida o seu compromiso coas persoas, o desenvolvemento sustentable e a dinamización do rural galego.

Desde ReTnova queremos agradecer unha vez máis a oportunidade brindada por PS Vet para colaborar neste interesante proxecto.

Compartir en

← Atrás